Chega o teatro a Cabanas a través de «A nena que quería navegar»

Esta representación teatral infantil que trata de visibilizar e paliar o acoso escolar dende a comedia poderase ver o vindeiro sábado na Casa do Concello
67794005_2603583596343193_6824857415943454720_o

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, ten programada para este sábado a representación teatral da obra «A nena que quería navegar», destinado a un público infantil e familiar.

A actuación será o vindeiro sábado 12 de setembro ás 12.00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello, e estará limitada a un aforo total de 25 persoas, para poder así garantir a seguridade de cada un dos asistentes. A inscrición deberá facerse previamente a través do teléfono 981 495 959 (ext. 6) / 649 075 263 ou no correo electrónico [email protected].

A obra é unha comedia que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.