Cabanas completa as actuacións de mellora no sendeiro costeiro

A actuación contemplou traballos de mellora da seguridade do trazado, ademais do marcado da ruta e sinalización turística.
Actuación sendeiro costa Cabanas (3)

O Concello de Cabanas, a través da área de turismo, vén de concluír os traballos de mellora da senda que percorre a costa do municipio, desde a Praia da Madalena até Río Castro, pasando polo areal de Chamoso.

No concreto, as actuacións levadas a cabo nas últimas semanas serviron para amañar a escaleira que ascende desde a praia da Madalena, instalar unha varanda na escaleira que baixa cara a praia de Chamoso, consolidar e ensanchar varios treitos de camiño e instalar varandas de protección. Tamén foi instalada sinalización de seguimento do percorrido e paneis de situación nos tres areais.

“Os traballos realizados eran urxentes e imprescindíbeis para mellorar a seguridade nunha das sendas máis percorridas do noso concello, e que estaba gravemente afectada pola erosión costeira”, sinalou o tenente alcalde e concelleiro da área de turismo,  Iago Varela. O concelleiro tamén puxo en valor a nova sinalización turística instalada no percorrido que “facilita o acceso á información da ruta desde terminais móbiles grazas ao uso de códigos QR”.

Estas actuacións supuxeron un investimento de 43.628,97 euros, e foron financiadas a través dun convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galiza, cunha aportación e o Concello de Cabanas.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.