A voz do pobo saharauí chegará a Pontedeume a través do faladoiro Arredor do Té

A Casa da Cultura será escenario o 18 de xuño dunha actividade centrada na historia do Sáhara Occidental, a vida nos campamentos de Tinduf e a defensa dos dereitos humanos
Casa da Cultura de Pontedeume | CONCELLO DE PONTEDEUME
Casa da Cultura de Pontedeume | CONCELLO DE PONTEDEUME

A Casa da Cultura de Pontedeume acollerá o vindeiro 18 de xuño, ás 19.00 horas, o faladoiro Arredor do Té, unha actividade de sensibilización que pretende achegar á cidadanía a realidade do pobo saharauí e dar a coñecer a súa situación actual.

A sesión contará coa participación de activistas saharauís, que compartirán en primeira persoa a experiencia da poboación refuxiada nos campamentos de Tinduf, en Alxeria, ademais de abordar a historia do Sáhara Occidental e o labor de resistencia que mantén o seu pobo desde hai décadas.

Un espazo para o diálogo

O encontro desenvolverase arredor da tradicional cerimonia do té saharauí, un dos símbolos culturais máis representativos desta comunidade. A partir desta tradición, abrirase un espazo de diálogo para reflexionar sobre a desinformación, fomentar a interculturalidade e visibilizar a defensa dos dereitos humanos.

A actividade está organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en colaboración coa Delegación da República Árabe Saharauí Democrática (RASD) en Galicia e SOGAPS.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.