As análises preliminares confirman que as sustancias detectadas no Eume están dentro dos parámetros permitidos

O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, lamentou que a Xunta non contactase "en ningún momento" cos concellos afectados para interesarse pola situación
Colectivo Terra
Colectivo Terra

Nas últimas semanas varios Concellos polos que discorre o Eume detectaron que as aguas do río baixaban cunha cor e textura que parecía deberse a algún tipo de verquido, polo que se deu conta da situación a Augas de Galicia para que estudara a que se debía esta situación anómala. Tanto os técnicos da entidade dependente da Xunta como da concesioanria do servizo municipal de augas de Pontedeume tomaron mostras para coñecer o estado das augas, xa que parte de que consumen os veciños eumeses cáptase do río.

Na tarde onte foron entregados o resultados preliminares desas análises e os datos que arroxan confirman que as sustancias presentes na agua están dentro dos parámetros establecidos polo Real Decreto 140/2013 da calidade das augas, polo que tras pasar pola pranta potabilizadora, son aptas para o consumo humano.

Ao longo do día de hoxe, previsiblemente, Augas de Galicia fará públicos os resultados definitivos, a fin de esclarecer se esta situación pode afectar ao banco marisqueiro de Pontedeume, xa que unha cousa é o consumo humano e outra as posibles consecuencias que poida ter ou non para o marisco.

O alcalde da vila, Bernardo Fernández, mostrouse crítico coa postura da Xunta e lamentou que desde ninguna das Consellerías afectadas «se puxeran en contacto con ningún dos concellos polos que discorre o Eume para trasladar información ou interesarse pola situación, tendo en conta que algúns captan augas do río para o consumo dos veciños».

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.