Pontedeume acolle un obradoiro gratuíto para aprender a navegar con máis seguridade no mundo dixital

A Casa da Cultura será escenario o 30 de xuño de Pantallas Abertas: Ciberseguridade sen filtros, unha sesión sobre redes sociais, privacidade e desinformación
Persona utilizando un ordenador y teléfono móvil | Archivo
Persona utilizando un ordenador y teléfono móvil | Archivo

A Casa da Cultura de Pontedeume acollerá o vindeiro 30 de xuño, entre as 18.00 e as 21.00 horas, o obradoiro presencial Pantallas Abertas: Ciberseguridade sen filtros, unha actividade gratuíta dirixida a todas as persoas interesadas en comprender mellor o funcionamento das redes sociais e o impacto da tecnoloxía na vida cotiá.

A proposta combinará o visionado dun documental cunha sesión formativa de carácter práctico na que se abordarán algunhas das principais cuestións relacionadas coa seguridade dixital.

Privacidade, desinformación e uso responsable

Durante o obradoiro analizaranse aspectos como o funcionamento das redes sociais e os algoritmos que condicionan os contidos que recibe a cidadanía, os riscos asociados á difusión de datos persoais e o impacto da desinformación na toma de decisións.

Cartel promocional de ‘Pantallas Abertas’ | Concello de Pontedeume

A sesión ofrecerá tamén ferramentas para identificar ameazas dixitais, protexer a privacidade e fomentar un uso máis seguro, crítico e responsable da tecnoloxía, incluíndo recomendacións para acompañar a nenos e adolescentes no emprego das redes sociais.

Inscrición gratuíta e aberta

A participación é de balde, aínda que require inscrición previa a través do correo electrónico [email protected].

A actividade enmárcase no programa Pantallas Abertas, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), co obxectivo de reforzar as competencias dixitais da cidadanía e promover un uso consciente das ferramentas tecnolóxicas.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.