Pontedeume consegue a maior subvención da vila para mellorar o alumeado público

Co cambio á tecnoloxía LED, haberá un aforro anual de 80.000 euros para as arcas municipais
01286043

O Concello de Pontedeume ven de conseguir a maior achega económica da historia da vila para a renovación do alumeado público. En concreto, o concello recibiu onte unha notificación por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica da concesión dunha subvención de 573.570,00 euros para a renovación do alumeado público, tramitada hai uns meses dende o goberno municipal.

O proxecto, orzamentado en 716.962,51 euros, permitirá renovar con tecnoloxía LED máis de 1.000 puntos de luz e 32 cadros de mando de todo o municipio por outros mais modernos con control remoto. Este cambio a tecnoloxía LED permitirá reducir o consumo de enerxía eléctrica do concello nun 73%, pasando de 438.874 kWh ao ano a 117.765,16, cun aforro anual cercano aos 80.000 euros que o concello poderá destinar a outras necesidades da vila.

Ademais, tras dita actuación mellorarase considerablemente a visibilidade nesas zonas, posto que a tecnoloxía LED ten unha maior potencia, e Pontedeume reducirá a contaminación lumínica, cumprindo as normativas da Unión Europea.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.