Ares, Cedeira ou Valdoviño tampouco se libran dos «veraneantes» durante o confinamento

Advirten de que moita da xente que está a facer uso das segundas residencias non son de fora de Galicia, senón da propia comarca
ares

A polémica está servida dende que se decretou o estado de alarma. Pasar o confinamento nunha casa de campo é máis levadío que facelo nun piso, sobre todo nestas datas primaverais, polo que moitas persoas con segundas residencias en lugares de costa están a facer escapadas non permitidas pola lei para aliviar o encerro. Pontedeume e Cabanas foron os primeiros lugares onde, xa no mes de marzo, os veciños denunciaron a presencia de «veraneantes», pero no son os únicos destinos elixidos pala pasar a cuarentena nas nosas comarca.

O alcalde de Cedeira, Pablo Moreda, mostrou onte a súa indignación ante a presencia no municipio de persoas non residentes o resto do ano. «Síntome na obriga que mostrar a miña tristeza e o meu enfado porque estos días poidan vir algunhas persoas que teñan a sua segunda residencia en Cedeira», dixo. O rexedor explicou que foron os traballadores dos supermercados locais os primeiros en detectar a estes veraneantes e poñelo en coñecemento do Concello. «No podemos mandalos de volta a Madrid», explicou o alcalde, «pero si podemos denuncialos se non están empadronados aquí».

O alcalde Ortigueira, Juan Penabad, mostrouse máis contundente respecto as medidas que se deben de poñer en práctica con estes residentes estacionais. «Hai que mandalos de volta as súas casas. Unha multa de 600 euros non lles supón nada», afirmou. O rexedor ortegano admite que a súa vila tamén chegaron varias familias a pasada fin de semana, burlando os controis policiais.

Na ría de Ferrol, Ares é outro dos destinos con máis segundas residencias de veraneo. Alí, a afluencia de xente nos supermercados foi notoria e o alcalde, Julio Iglesias, xa informou de que a Policía Local e a Garda Civil están visitando as segundas residencias e identificando aos donos para, se procede, formular as correspondentes denuncias.

Pero non tódolos veraneantes veñen de fora de Galicia. Tal e como apuntou o alcalde Valdoviño, Alberto González, unha boa parte dos que están a chegar ao municipio valdoviñés son veciños das urbes da comarca, tal e como poideron comprobar nos controis que a Garda Civil realizou nas estradas da zona co apoio da Infantería de Marina. Unhas das tarefas foi controlar aos conductores que viñan de facer as compras nas cooperativas e supermercados e comprobar se estaban empadronados na vila.

Este fin de semana, coincidindo co inicio das vacacións de Semana Santa foi especialmente preocupante a chegada de novos veciños, que aprobeitaron as horas nocturnas para viaxar evadindo os controis policiais. Pero moitros deles xa están instalados aquí dende o inicio da alarma ou dende a ponte San Xosé, tal e como confirman dende os Concellos.

Segundo informou a Dirección Xeral de Tráfico, se un vehículo é interceptado pode ser obligado a dar a voltar ata o seu lugar de orixe, ademáis de recibir a sanción correspondente. De non facelo e ser identificado unha segunda vez, pódese tramitar unha nova denuncia por desobediencia á autoridade e podería incluso constituir un delito.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.