As asembleas de persoal de Navantia instan á dirección a desbloquear o proceso de incorporación

Esixen á dirección da empresa que se faga con transparencia e de acordo a criterios obxectivos
EntradaNavantiaFerrol

As asembleas de traballadores e traballadoras de Navantia Ferrol deron de marxe á dirección da empresa ata o próximo 6 de marzo para que impulse o proceso de prazas de acceso do ano 2019 coas garantías necesarias para as persoas que se presentaron e que se negocie un calendario de aplicación dos acordos.

Dende a asamblea sinalan que a «pelota está agora no tellado da empresa» polo que lle reclaman «altura de miras» para finalizar un proceso de acceso «que nunca debeu chegar á situación na que se atopa». Nas asembleas celebradas onte tamén se acordou que, no caso de que Navantia continúe co bloqueo actual, se iniciarán as medidas sindicais oportunas para reverter a situación.

Obxectividade e transparencia nos procesos

Nas bases para o acordo aprobadas polas asembleas demándase a publicación das listas de persoas admitidas e non admitidas, especificando as causas concretas da non admisión; que se atendan todas as reclamacións realizadas en prazo, velando polo estrito cumprimento das bases; e que se inicie a primeira fase das prazas de técnico superior junior en igualdade de condicións para todas as persoas admitidas.

De igual xeito, os sindicatos esixen á empresa pública que os procesos de acceso para 2020, 2021 e 2022 se fagan con todas as garantías e con todo tipo de prazas. «Para empregados, operarios e técnicos superiores serán baixo as premisas de obxectividade e transparencia que deben presidir o acceso a un posto de traballo nunha empresa pública dunha sociedade avanzada como pretende ser a da nosa comarca. Isto é, tomando como modelos a seguir os procesos de oposición ou concurso-oposición e con todas as garantías para as persoas que participen no proceso como opositoras».

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.