O goberno de Cedeira adxudica máis de 24.500 euros en axudas ás entidades deportivas da vila

O alcalde destacou que o Concello quere seguir ao máximo ao lado dos clubs, especialmente nun ano complicado como este
remo cedeira

A Xunta de Goberno do Concello de Cedeira aprobou a concesión das axudas a entidades e clubs deportivos da vila, nun ano no que, tal como subliñou o alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, “temos que recoñecer especialmente o esforzo que fan para manter o pulso”. “Neste ano atípico e complicado, desde o Concello renovamos a nosa aposta polo deporte e queremos estar ao máximo ao lado dos clubs e dos seus deportistas”, destacou.

A convocatoria para este 2020, co mesmo orzamento que no exercicio anterior, resolveuse co reparto de 23.010 euros no apartado de actividades e 1.500 euros no de investimentos. En total a administración local inxecta 24.510 euros nos clubes cedeireses, por unha parte para o sostemento das súas escolas, adestramentos, organización ou participación en competicións e por outra para a compra de materiais e equipos inventariables.

Así, o Cedeira S.D., o Club Natación Cedeira e o Club de Remo Cedeira reciben senllas axudas de 7.000 euros, o máximo previsto, no apartado de actividades. No mesmo tamén concedéronse 1.500 euros ao Cedeira Tenis Club e 510 euros ao Club Discalzas. En canto á convocatoria para investimentos, a única solicitude foi a do Club de Remo Cedeira, que recibe 1.500 euros.

As subvencións a entidades deportivas concédense en réxime de concorrencia competitiva tendo en conta conta criterios como o número de nenos e nenas que participan nas escolas de deporte base, o fomento da participación feminina, a organización de torneos ou eventos, o número de técnicos e de deportistas federados, etc.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.