Traballos de conservación nos ríos Condomiñas e Pontigas ao seu paso por Cedeira

Augas de Galicia intervén periódicamente nos cauces con risco potencial de inundación
image_gallery (9)

A Consellería de Infraestruturas e Movilidad, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de conservación nos treitos interurbanos dos ríos Condomiñas, Pontigas e o arroio da Veiga, no concello de Cedeira. Esta nova actuación no municipio forma parte das intervencións de Augas de Galicia nas áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI).

As tarefas están a desenvolverse nun tramo de máis de 2,5 quilómetros de lonxitude, que coincide co percorrido destes ríos e arroio por distintos lugares do municipio.

Os traballos céntranse na retirada da canle de árbores, ramas, madeira morta e elementos susceptibles de causar atoramientos, así como rozas selectivas puntuais. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos e arroio quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.