O servizo Ferrol+Conectado, a lista de difusión a través de WhatsApp do Concello, alcanzou esta semana os 2.418 subscritores, que a diario se informan da actualidade municipal a través desta canle de comunicación. Con esta cifra, o conxunto de redes sociais do Concello de Ferrol superan os 18.620 seguidores, xa que a páxina de Facebook está próxima aos 10.600 e o perfil de Twitter ten máis de 5.610.
Ademais de noticias, Ferrol+Conectado transmite avisos, incidencias, e actualizacións do taboleiro de anuncios do Concello. Trátase dun servizo que continúa operativo como canle de información cidadá durante o presente estado de alarma, trasladando aos subscritores novas de interese para os cidadáns.
O número do servizo é o 608 736 834, e para darse de alta só hai que agregalo á axenda de contactos e enviar unha mensaxe a través de WhatsApp coa palabra “alta” e o nome e apelidos do solicitante. A lista de difusión está a emitir unha media de cinco mensaxes á semana e o límite está establecido en dous ao día.
Discussion about this post