A Policía Local de Ferrol desaloxa a 50 persoas que se atopaban nun bar fora do horario permitido

Os clientes atopábanse uns xunto aos outros, sen gardar as distancias de seguridade e algúns deles non levaban posta a mascarilla, polo que tamén foron apercibidos polos axentes
G4UMT7T27BD4DB6RC65HILKUFQ

A Policía Local de Ferrol volveu actuar a pasada noite noutro local de hostelaría no que se estaban a incumplir as medidas de seguridade sanitaria xa fora do horario permitido de actividade para este bar. Pasada a media noite, varios veciños alertaron á Policía de que unha treintena de persoas atopábanse fora dun local de copas situado na rúa Lugo e que, ademáis, case ningún dos clientes levaba posta a mascarilla nin gardaban as distancias de seguridade recomendadas.

Cando os axentes se achegaron ao lugar, atopáronse con que no interior do local había máis de 50 persoas -a meirande parte delas mozos e mozas- ocupando tódalas mesas e a barra, sen espazo entre grupos. Ante a gravidade da situación, identificouse ao dono do local e se lle notificaron os incumplimentos que estaba a infrinxir, non só por estar aberto e funcionando fora do horario permitido, senón tamén polas nulas medidas de seguridade.

Ante a presencia policial, desaloxouse o local e obligouse aos clientes a marchar, advertindo verbalmente a varios deles por non levar posta a mascarilla. Nunga segunda comprobación dos axentes, 20 minutos máis tarde, o bar estaba vacío e pechado ao público.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.