Detida unha muller por roubos con violencia en Ferrol e na Coruña

A muller repetiu o mesmo modus operandi na mesma cadena de supermercados das dúas cidades
2019_06_06_No_31-aaaaa

A Policía Nacional detivo a unha muller na Coruña por uns delitos de roubo con violencia perpetrados en Ferrol e na Coruña. Os feitos producíronse o pasado 4 de marzo, ao redor das 18:00 horas, nunha superficie comercial da cidade, cando unha muller introduciu varios efectos nunha cesta da compra, saíndo a continuación do local pola porta de emerxencia do mesmo, provocando que se activase a alarma do establecemento.

Un vixiante de seguridade do supermercado logrou alcanzala, aínda que ela resistiuse, propinándolle patadas e puñadas, momento no que chegou unha patrulla policial que procedeu á detención da muller.

A muller tentara apoderarse de produtos valorados na súa totalidade en máis de mil euros, entre eles unha consola, unha tablet e un computador portátil.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.