Ferrol organiza este sábado ‘Xogando co Atletismo na Infancia’

A actividade, que se desenvolverá de 12:00 a 13:30 horas, pretende recuperar o deporte dos máis pequenos nos espazos públicos
markus-spiske-cSladFbk1bw-unsplash

A concellería de Benestar Social organiza para este sábado, 19 de novembro, a actividade Xogando co Atletismo na Infancia, para a que conta coa colaboración do Club Ferrol Atletismo, o proxecto Proinfancia e diversas entidades da cidade. O horario previsto é de 12:00 a 13:30, e o lugar elixido é a praza do Inferniño. No caso de que choiva, trasladarase ao pavillón do CEIP Ángela Ruíz Robles.

A iniciativa, posta en marcha con motivo do Día Mundial da Infancia, que se conmemora o 20 de novembro, inclúe probas de salto de lonxitude, salto lateral, lanzamento de xavelina, lanzamento de peso, carreira de velocidade e carreira de valos. Está prevista a participación de máis de 150 nenas e nenos, e o obxectivo é promover a actividade en rúas e espazos públicos.

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, explicou que con este tipo de actividades preténdese recuperar o deporte de nenas e nenos nos espazos públicos, así como incidir na aposta do goberno local pola inclusión plena a través do deporte.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.