Ferrol quédase definitivamente sen Semana Santa

A Xunta Xeral de Cofradías fará oficial este comunicado o próximo luns, tras decretarse os estados de emerxencia sanitaria e alarma en Galicia e en España este fin de semana
nazarenos-llorando2
Publicidad

A Xunta Xeral de Confrarías da Semana Santa, o bispado de Mondoñedo-Ferrol e o Concello ferrolán emitirán este luns un comunicado conxunto no que dará a coñecer a decisión de suspender as procesións da Semana Santa ferrolá.

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, o bispo de Mondoñedo-Ferrol, Luís Ángel de las Heras, e o presidente da Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades, César Carreño, tomaron esta decisión tras decretarse o estado de emerxencia sanitaria en Galicia e o estado de alarma en todo o territorio Español. «A Semana Santa de Ferrol quere ser parte da solución, e non do problema», explicaron dende a Xunta Xeral de Cofradías, mentres que o seu presidente dixo sentirse «desolado» por ter que tomar esta decisión.

Esta semana a coordinadora xa anunciaba que suspendían tódolos actos programados ata o próximo 30 de marzo, o que incluía o Vía Crucis e presentación da revista ‘Ecce Homo’, certame de Bandas e o pregón. Ademais, o alcalde de Ferrol xa deixou entrever que existía unha «probabilidade altísima» de que o evento máis importante do ano para a cidade non se celebrase.

 

 

Relacionadas