A ludoteca municipal da praza de España de Ferrol acolleu dende as oito de esta mañá os test rápidos que formarán parte do estudo epidemiolóxico do Servizo Galego de Saúde en colaboración co Instituto Galego de Estatística (IGE). Ás 11.00 horas xa pasaran a realizar as probas máis de medio centenar de veciños que foron previamente contactados telefónicamente para participar neste proxecto. Estímase que durante o día de hoxe acudan máis de 150 persoas.
A proba consiste nunha punzón dixital -coma nun test de azúcar- que se analiza en apenas 15 minutos e informa se o resultado é negativo ou positivo. É o médico de familia da cada doente o que lle informa telefónicamente do resultado. En Ferrol realizaranse estas probas durante unha semana ata completar os 1.500 test. O resultado desta primeira parte do estudo coñecerase 4 días máis tarde. Dentro de catro semana farase outra nova oleada de probas.
O IGE encargouse de determinar o tamaño dunha mostra coa que poder debuxar o mapa epidemiolóxico das catro provincias galegas. Así, a poboación que será obxecto de investigación serán as persoas que dispoñan da tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde e que, tras ser escollidas dun xeito aleatorio, permitirán estratificar a influencia da pandemia por áreas territoriais; a prevalencia do virus segundo os diferentes tramos de idade (0-18 anos,19-64 anos e 65 ou máis anos) e o seu sexo.