O patrulleiro ferrolán «Serviola» parte cara unha nova misión de seguridade no estreito de Xibraltar

Medio centenar de militares forman parte da dotación que se integrará baixo o mando único de Operacións Marítimas
salida Ferrol

Durante a xornada de hoxe está prevista a saída á mar, desde a súa base en Ferrol, do patrulleiro de altura “Serviola” para iniciar unha operación de seguridade marítima. Para esta misión, o buque integrarase no Mando de Operacións Marítimas baixo control operativo do Mando de Operacións (MOPS), no marco das Operacións Permanentes.

O buque despregarase coa misión de contribuír ao coñecemento da contorna marítima na área de operacións asignada, incluíndo o control e presenza naval dos espazos marítimos de soberanía e interese nacional no estreito de Xibraltar e no mar de Alborán.

A pesar das dificultades implícitas debido á crise do Covid-19, a Armada continúa traballando de maneira constante para garantir a seguridade e protección dos espazos marítimos de interese nacional dentro da acción do Estado na mar, xa sexa en operacións no exterior ou, como no caso do “Serviola”, patrullando augas nacionais.

O buque está ao mando do Capitán de Corveta Francisco Delgado Urrutia. A súa dotación consta de 6 oficiais, 9 suboficiais, e 27 militares pertencentes á escala de Tropa e Mariñeiría. Contará adicionalmente cun Equipo Operativo de Seguridade (EOS), formado por 7 Infantes de Mariña.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.