Unha nova ruta teatralizada por Canido para finais de mes

Será o venres, 23 de decembro, ás 17:00 horas, e haberá 20 plazas dispoñibles
Arquivo - Ruta de Canido en nomes
Arquivo - Ruta de Canido en nomes

O próximo día 23 de decembro, ás 17:00 horas, vaise celebrar un novo roteiro polo barrio de Canido no marco do programa ‘Canido en Nomes’, unha iniciativa impulsada polo tecido asociativo e cultural do barrio en colaboración co Concello de Ferrol para poñer en valor a historia de Canido a través do estudo do seu toponimia, patrimonio, evolución urbanística e a memoria e testemuños dos seus veciños. Será o venres, 23 de decembro, ás 17:00 horas, e a inscrición debe formalizarse a través do WhatsApp 637 081 888. Hai 20 prazas dispoñibles.

O Concello vén de editar un total de 2.000 folletos informativos sobre o roteiro, que xa se poden atopar nas oficinas de turismo da cidade. Tamén se poden consultar as paradas da ruta e toda a información sobre a actividade na web https://canidoennomes.eu/. A concelleira de Patrimonio Histórico e Benestar Social, Eva Martínez Montero, explicou que o Concello leva tempo traballando con asociacións veciñais e culturais do barrio para avanzar e intensificar a colaboración municipal con esta “magnífica iniciativa” co fin de “seguir traballando conxuntamente para divulgar e recuperar a historia deste barrio”.
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.