O Centro de Interpretación Caldoval reabre ao público mañá mércores 3 de xuño

O museo abrirá de martes a domingo en quedas de mañás e tarde
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Mañá mércores 3 de xuño, 80 días despois do seu peche temporal con motivo da crise sanitaria xerada polo COVID-19, o Centro de Interpretación Caldoval volta á actividade inaugurando horario de verán e abrindo de martes a domingo, de 10.30 a 14.00 horas polas mañás e de 16.30 a 20.00 horas polas tardes.

Para garantir a seguridade sanitaria de todos e todas os visitantes, en Caldoval aplicaranse as directrices e recomendacións das Administracións Públicas para museos e sitios patrimoniais, que estarán colocadas de maneira visible na entrada e na exposición permanente.

Entre as normas de obrigado cumprimento estarán principalmente a limpeza de mans con xel hidroalcólico na entrada a Caldoval, o uso de máscaras nos maiores de 6 anos e o mantemento da distancia interpersoal de seguridade.

O aforo do centro durante a Fase 2 do estado de alarma estará fixado en 10 persoas e suspenderanse temporalmente os obradoiros didácticos. Pódese solicitar máis información no correo [email protected] ou no teléfono 687 072 116.

Continuaranse a realizar visitas guiadas nos horarios habituais de venres a domingos ás 10.30 e 12.30h polas mañáns e ás 16.30h e 18.30h polas tardes. Do mesmo xeito tanto nenos como adultos que queiran emular a Hércules superando de desafíos poderán participar no xogo de pistas “As XII probas de Caldoval”, dispoñible en calquera momento durante o horario de apertura.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.