Narón agasalla cun libro aos usuarios do servizo de comedor do Centro de Maiores

A obra elixida foi “Álvaro Paradela, médico e escritor”, editada polo Concello para dar a coñecer a figura deste personaxe
Entrega libros comedor Centro Maiores

O Concello de Narón puxo hoxe en marcha unha nova iniciativa na celebración do Día Internacional do Libro e entregou un libro ás usuarias e usuarios do servizo de comedor do Centro Municipal de Maiores das Vivendas da Mariña. A obra “Álvaro Paradela, médico e escritor” foi o libro elixido para agasallar nesta ocasión ás persoas que se desprazaron ao Centro Comunitario das Vivendas da Mariña para recoller o seu menú diario.

Este libro sobre o médico e escritor Álvaro Paradela (1911-1979), é obra dos escritores Manuela Santalla e Juan Carlos Rico e foi editado en colaboración co Concello de Narón co obxectivo de dar a coñecer a vida e obra deste médico nado en Coruña, pero naronés de adopción, que exerceu a súa profesión durante anos na parroquia de Freixeiro.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.