Neda abrirá o vindeiro luns o prazo de solicitude de praza na Escola Infantil Municipal

Ten capacidade para 41 nenas e nenos de 0 a 3 anos
F04S7005

Concello de Neda informou esta mañá da apertura do prazo de solicitude de praza na Escola Infantil Municipal Os Pelegríns para o curso 2020/2021. Será a partir do vindeiro luns, 16 de marzo, e ata finais de mes, para as familias xa matriculadas no centro. Así mesmo, entre o 1 e o 30 de abril, abrirase a matrícula para os nenos e nenas de novo ingreso. No caso de que non se cubran as prazas ofertadas, o Concello de Neda ampliará ese prazo.

Nun e noutro caso, os trámites deben realizarse na casa consistorial. A Escola Infantil Municipal Os Pelegríns conta con 41 prazas para nenas e nenos de 0 a 3 anos. Situada na zona do Empedrón, dispón de 3 aulas -de 0 a 1 ano, de 1 a 2 anos e de 2 a 3 anos-, zona de comedor, aseos e espazos de xogo.

Coa súa posta en marcha o Concello de Neda facilitaba un servizo de conciliación da vida laboral e o coidado dos fillos para as familias do municipio, ao tempo que busca atraer e fixar poboación no municipio.

Relacionadas