O Concello de Neda organiza este mércores 21 de decembro o Festival de Nadal das escolas deportivas infantís do municipio. Unha cita que arrancará ás 16:30 horas na pista deportiva do Roxal, e na que tomarán parte os alumnos e alumnas das clases de baile moderno, patinaxe e tamén do grupo de fútbol do club local, a SD Rápido de Neda. Todos eles e elas amosarán ao público as súas habilidades e coñecementos adquiridos ao longo deste primeiro trimestre do curso. Ademais, entre unha e outra exhibición, sobre as 17:00 horas, celebrarase unha sesión e zumba para todos, na que poderán participar nenos e maiores que así o desexen. Na cita, colaboran a asociación de veciños e a SCD do Roxal e a SD Neda.
Ademáis, onte abriu o plazo de inscricións nas xornadas Deporte en Nadal que celebrará a vindeira semana para nenos e nenas de Neda de entre 4 e 12 anos. Dúas xornadas, o martes 27 e o xoves 29 de decembro, cargadas de actividades deportivas nas que os pequenos e pequenas poderán practicar diferentes disciplinas, e tamén participar nunha xincana navideña. A iniciativa desenvolverase no pavillón do CEIP San Isidro, en horario de 11:30 a 13:30 horas. A participación é gratuíta, pero con inscrición previa, chamando de luns a venres -ata o luns 26 incluído- ao teléfono da casa consistorial: 981 38 00 39.