Viaqua suspende os cortes de suministro por impagos en Neda

A empresa concesionaria do servizo de agua toma esta medida durante o tempo que dure a crise sanitaria e ademáis pon en marcha outras medidas para pymes e autónomos
neda-rehabilitacion

O Concello de Neda informou esta mañá da decisión de Viaqua, empresa concesionaria do servizo de agua, de ampliar o plazo do periodo voluntario de pago de facturas a 90 días; non contabilizar no recibo o gasto do consumido dende o día 13 de marzo ás empresas que pechasen, e suspenderá todos os cortes de suministro sen excepción.

Ata o dagora, non se cortaba o suministro a persoas en situación de vulnerabilidade económica, medida que se fai extensiva a todo o mundo nesta situación de alerta, paralizando calquer acción de reclamación de débeda ou de cortes de suministro.

Así mesmo, Viaqua lembra a posta en marcha doutras iniciativas tendentes a facilitar o pago do recibo para particulares, autónomos, propietarios de pequenas ou medianas empresas ou comerciantes. Entre elas, financiar ou aplazar facturas, sen intereses, a todos os colectivos que, ante esta situación excepcional, presenten dificultades no pago das súas facturas.

Tamén poñen a disposición dos clientes un plan de cuota fixa (Plan 12 Gotas), que permite pagar todos os meses o mesmo importe en base ao consumo do ano anterior, regularizando ao final do ano a situación -no caso de que o importe sexa superior ou inferior ao consumido, devólveselle a cantidade ou finánciase a pagar nos seguintes meses, respectivamente-. E, ademáis, ofrécese a posibilidade de elixir a data do mes que prefira o cliente para a domiciliación bancaria.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.