O BNG de Ferrol se reune con hostaleiros e autonomos e pide a suspensión das taxas de auga, lixo e saneamento para estes sectores

Os nacionalistas apostan por estabelecer axudas directas para axudas ao aluguer ou para compensar a perda de facturación
cafetería hostelería

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol mantivo esta mañá unha reunión con representantes do colectivo de hostaleiros e autónomos de Ferrolterra afectadas polas restricións derivadas da crise sanitaria da Covid e na que avaliaron a situación actual na que se atopan e as medidas de apoio que precisan, que pasan «primeiramente por unha exención das taxas municipais pola falta de actividade», explicaron los nacionalistas.

O BNG considera consideran urxente que goberno local decrete de maneira inmediata a suspensión das taxas de auga, lixo e saneamento como se fixo no mes de marzo. Ademáis insistiron en que as axudas deben ser directas. «Hai locais que están pechados e se lles segue cobrando estas taxas como se estiveran a pleno funcionamento o que se ten convertido nunha auténtica lousa económica para os propietarios destes estabelecementos», explicaron desde o Bloque trala reunión.

Neste encontro tamén se abordaron outro tipo de iniciativas como a creación dunha bolsa de baixos baleiros, a peonalización do casco histórico da cidade, a ordenanza de terrazas e medidas de impulso de cara ao sector cultural e artístico na cidade.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.