O ciclo Tempo para o teatro continúa este venres en Neda coa representación da obra “A compañeira de piso”, a cargo da compañía Contraproduccións. A función dará comezo ás 20 horas no salón de actos da Casa da Cultura, baixo un estrito protocolo de prevención fronte á covid-19.
As entradas, cun custe de 2 euros, poderán mercarse entre mañá martes e o venres 13 de novembro na Casa da Cultura en horario de 10 a 13 horas e de 16 a 20 h, ou ata esgotar prazas.
A televisiva Patricia Vázquez e Rebeca Montero porán en escena a primeira adaptación fóra de Estados Unidos da obra de Jen Silverman, “A compañeira de piso”, unha comedia negra na que un ama de casa divorciada pon un novo rumbo á súa vida, xa cumpridos os 50. A montaxe, dirixida por Cándido Pazó e Belén Pichel, é froito da colaboración entre Contraproduccións e o Centro Dramático Galego.
O ciclo conta co apoio da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural e desenvolverase durante todos os venres do mes.
Discussion about this post