O mercadillo de Caranza non voltará en setembro

Tampouco o do barrio do Inferniño gozará da súa feira este mes, polo que haberá que agardar a que dende o goberno local comuniquen a nova data de volta
mercadillo-kIKB-U110195784452liD-1248x770@Diario-Montanes-1140x570

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Mercados, que dirixe Germán Costoya, e a asociación de veciños de Caranza avanzan para retomar a celebración do mercadillo do barrio. O concelleiro responsable da área e a representante veciñal, María del Pilar Rodríguez, manteñen unha estreita colaboración e están a traballar de forma conxunta co fin de reiniciar a feira o antes posible, que non se celebrará no mes de setembro.

O concelleiro sinalou que o Concello anunciará proximamente a data na que terá lugar de novo o mercadillo. De igual modo anunciarase o reinicio da feira do Inferniño. Para preparar a volta á actividade tense en conta o cumprimento das medidas sanitarias decretadas para a nova normalidade, tanto no que atinxe á hixiene nos propios postos de venda coma no que se refire ao mantemento de distancias de seguridade que recolla a normativa en vigor no momento de celebrarse o mercadillo ou feira.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.