A Deputación inicia os traballos de mellora do camiño á praia da Frouxeira

As obras obrigarán a realizar cambios nas paradas do transportes escolar
camiño frouxeira

A Deputación provincial da Coruña vén de comunicar ao Concello de Valdoviño o inicio dos traballos de mellora da intersección de baixada á praia da Frouxeira (cruce con Avenida Areeiros e Couce Casas). A intervención comezará mañá martes 3 de marzo e contempla a ampliación do ancho da calzada para facilitar a mobilidade na intersección e o acondicionamento da beirarrúa.

Deste xeito, os traballos obrigarán a retirar a marquesina sita neste punto. Unha medida que fai necesario que os usuarios do transporte escolar collan o autocar na parada anterior, sita na rúa Atios (no antigo emprazamento da froitería La Selecta).

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.