Valdoviño destinará o seu superávit de 2019 a gasto social

O Concello dispondrá máis de 328.000 euros a actuacións para paliar os efectos do coronavirus entre a veciñanza
Imagen del Ayuntamiento de Valdoviño
Imagen del Ayuntamiento de Valdoviño

No último pleno municipal de Valdoviño deuse conta do decreto de liquidación do 2019, constatando un superávit de 328.527,51 euros e un remanente de 1.190.464,51 euros. Nesta liña, o alcalde, Alberto González, informou que o Concello poderá destinar o superávit a gasto social, máis concretamente a actuacións sociais necesarias a raíz do estado de alarma xerado polo COVID-19.

Un destino permitido agora polo Goberno central para aqueles municipios que cumpren con estas condicións económicas. Así mesmo, o alcalde está realizando as consultas necesarias con instancias superiores para ver a viabilidade de destinar tamén parte do remanente a este fin.

 

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.