Vilalba chama á cidadanía a sumarse ao acto institucional polo 25N

Será na praza da Constitución ás 12 do mediodía, onde se lerá un manifesto de repulsa de todas as violencias machistas
Arquivo - Concentración polo 25N en Vilalba
Arquivo - Concentración polo 25N en Vilalba

O Concello de Vilalba celebra este venres, 25 de novembro, o acto institucional de homenaxe ás vítimas con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. A Praza da Constitución acolle, a partir das 12.00 horas, a lectura dun manifesto en repulsa de todas as violencias que día a día se exercen contra as mulleres.

Desde a Concellería de Igualdade e o CIM están a promover esta semana obradoiros nos distintos centros de ensino, encamiñados a comprender a conmemoración deste día e a loita pola igualdade e contra as violencias machistas, da man da axente de igualdade do concello.

Unha parte do alumnado tamén participará neste acto institucional, dentro da axenda de actividades programadas dende o Concello de Vilalba con motivo do 25N. Así mesmo, convídase a toda a cidadanía a participar do mesmo para expresar con rotundidade a repulsa contra a violencia de xénero.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.