O Concello de Cerdido acaba de adquirir un novo pedido de máscaras que empezará a repartir entre tódolos veciños e veciñas sen límite de idade e sen necesidade de ser grupo de risco. Dende o concello, nun primeiro momento, pretendeu atenderse as persoas máis vulnerables como son os nenos aos que se lles entregaron a domicilio máscaras infantís reutilizables, as persoas maiores e as persoas de risco, pero con esta nova entrega pretenden dar cobertura a toda a poboación.
Para solicitar máscaras de protección hai que poñerse en contacto co concello de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas no teléfono 981 41 10 00. Ademais, os propietarios de negocios ou traballadores que non teñan acceso a equipos de protección que no concello poden solicitar máscaras e pantallas.
O Concello tamén puxo a disposición de persoal e pais do Ceip de A Barqueira máscaras e xel hidroalcólico para unha mellor seguridade no proceso de admisión e novas matrículas.
Discussion about this post