Sanidade levanta as medidas de restrición a Ortigueira pola «reducción drástica de casos»

O subcomité clínico reunido hoxe venres decidiu que a evolución do municipio permite adoptar esta decisión "con seguridade sanitaria"
concello ortigueira

O subcomité clínico da Consellería de Sanidade, na súa reunión deste venres para valorar a evolución de Covid en Galicia, anunciou que levanta as restricións ao concello de Ortigueira impostas o pasado 2 de outubro. Por aquel entonces o municipio contaba con máis de 20 casos, pero actualmente se atopa por debaixo de 7.

A directora de Saúde Pública da Xunta, Carmen Román, apuntou a que a situación na vila ortegana «mellorou drásticamente» e que «se podían levantar as medidas impostas con coa seguridade de non poñer en risco a saúde dos veciños e veciñas».

Polo tanto, deixan de ser efectivas as limitacións dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estaba prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros.

Tamén deixa de ter efecto a limitación do número máximo de persoas nas reunións tanto privadas como na vía pública, que se fixara nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.