O alumnado infantil de Vilalba e o Centro Ocupacional dan o inicio das Xornadas Rosalianas, unha iniciativa que cumpre a súa segunda edición da man do Concello de Vilalba, a Nova Poesía Guitírica -NPG- e o Instituto de Estudos Chairegos -Iescha-.
Os escolares do CEIP Terra Chá, Monseivane, Insua Bermúdez, Mato Vizoso e da Escola de Educación Infantil realizaron ao longo das pasadas semanas pensamentos debuxados en homenaxe á gran escritora galega e universal, que foron recollidos e colocados esta mañá no parque que leva o seu nome polos usuarios do obradoiro de xardinaría do Centro Ocupacional.