Gran éxito da I Andaina Solidaria de Viveiro

Durante o traxecto, os membros do Grupo de Participación foron explicando os diferentes QR colocados na ruta con temas arredor da saúde mental
vi

O Concello de Viveiro quixo transmitir os seus parabéns a todas as persoas que participaron esta mañá na I Andaina Solidaria así como ao Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro, encargado da súa organización.

Esta iniciativa, levada a cabo co apoio do Concello de Viveiro e a Asociación Cultural Branque, enmarcase dentro dos actos de conmemoración do Día Internacional do Deporte polo Desenvolvemento e a Paz e a celebración do aniversario da chegada a Viveiro da Asociación Saúde Mental A Mariña. Participou alumnado dos colexios Celeiro, Landro e San Roque, os seus profesorado, así como familias e veciñanza de Viveiro xunto a membros do goberno local. “Dende o Concello aplaudimos esta nova proposta do Grupo de Participación Xuvenil que consideramos é unha peza fundamental a día de hoxe para a promoción deste tipo de iniciativas tan importantes”, pon en valor a alcaldesa María Loureiro.

Durante o traxecto, os membros do Grupo de Participación foron explicando á rapazada os diferentes QR colocados na ruta con temas tan importantes como o TDAH, a depresión, a ansiedade ou ás asociacións que axudan á atención destes casos.

“Dende o Concello agradecemos a colaboración da Policía Local polo seu apoio e coordinación, fundamental para garantir a seguridade dos mais pequenos, así como a Lorena Mera, Técnico de Xuventude, e a Alejandro Ramos, dinamizador do Grupo de Participación e membro da Asociación Branque, pola súa gran implicación e traballo no proxecto. Tamén damos as gracias pola súa xenerosidade a todos os veciños e veciñas que tomaron parte nela”, engade a Concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde Gómez.

Ademais do éxito da convocatoria tamén foi importante a visibilización do labor da Asociación Saúde Mental A Mariña, así como a recadación de fondos.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.