Castelao xa se pode ler en Xapón: Takekazu Asaka traduce a súa obra

Os escritores galegos Castelao e Heraclio Pérez Placer abren as súas fronteiras coa traducción das súas obras ao xaponés
13,00 h.-            O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o profesor e tradutor Takekazu Asaka, presentarán as edicións bilingües xaponés-galego das obras Castelao. Pequena escolma e Heraclio Pérez Placer. Cantares. No Pazo de San Roque (rúa de San Roque, 2).   foto xoán crespo
13,00 h.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o profesor e tradutor Takekazu Asaka, presentarán as edicións bilingües xaponés-galego das obras Castelao. Pequena escolma e Heraclio Pérez Placer. Cantares. No Pazo de San Roque (rúa de San Roque, 2). foto xoán crespo

O coñecido como emballador da lingua e a cultura galega en Xapón, Takekazu Asaka, presentou este martes 7 xunto ao secretario da Lingua, Valentín García, o seu proxecto de traducción das obras de Afonso D. Rodríguez Castelao e o autor ourensán Heraclio Pérez Placer.

Durante a presentación, o secretario agradeceu ao profesor o seu traballo «que segue fortalecendo a ponte que dende fai 40 anos comunica a terra do Sol Nacente con Galicia gracias a súa xenerosidade».

Xunto a eles participaron no Pazo de San Roque o profesor, investigador e crítico literario Armando Requeixo e o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas, ambos os autores dos prólogos das obras, e Manuel González, coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro e académico da Real Academia Galega.

Os versos de Castelao unen Galicia e Xapón

O autor xaponés ven de publicar ‘Castelao. Pequena Escolma (2026)’ coma homenaxe ao autor polo 75º aniversario da súa morte. Nesta obra inclúense o discurso ‘Alba de Gloria’ e o relato ‘Un olho de vidro’. Asi mesmo pode desfrutarse de ‘Memorias dun esquelete’, varias narracións de ‘Cousas’ e outras prosas de Castelao publicadas na prensa.

Ademais, recóllese a influencia da pintura xaponesa nas estampas de Castelao, aquelas que mercou en París e decoraban a súa casa da rúa da Oliva.

Doutra banda, tras o seu verán de 1989 en Santiago de Compostela, Asaka namorouse dun libro de 30 páxinas que mercou na mítica e xa pechada libraría Galí, do autor Heraclio Pérez Placer. A obra en cuestión era ‘Cantares Premiados’, e tras 35 anos onde esta copia estivo gardada na súa biblioteca, o autor decidiu dar a coñecer a obra de Pérez Placer en Xapón. Así o conta Armando Requeixo, o autor do prólogo de ‘Heraclio Pérez Placer. Cantares (2026)’.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.