Cedeira inicia hoxe as enquisas de empresas e clientes sobre a dinamización do comercia e a hostalería

Na páxina web poderanse contestar a dúas enquisas que servirán de folla de ruta sobre as medidas de apoio ao sector
26172258_1606307182748421_856384714050415912_o

O Concello de Cedeira pon en marcha a primeira fase do Plan de Dinamización do Comercio e a Hostalería coa recollida de información a través dunhas enquisas dirixidas tanto aos empresarios como á veciñanza da vila e visitantes. Desde o goberno local faise un chamamento á participación cubrindo un cuestionario que non leva máis que algúns minutos e que contribuirá a mellorar a competitividade dos negocios da localidade.

Desde hoxe mesmo pódense cubrir as enquisas nos enlaces colgados colgados na web do Concello a través das enquisas para empresas e persoas autónomas ou clientes.

«O goberno local de Cedeira é consciente das dificultades que trouxo a crise sanitaria para os pequenos negocios, ao igual que das oportunidades que puxo de manifesto: o maior consumo local e o auxe da venda online ou o reparto a domicilio, en moitas ocasións a través de fórmulas colaborativas. Neste contexto, o Concello aposta por se converter en palanca de cambio coa posta en marcha deste Plan de Dinamización cuxo obxectivo é mellorar a competitividade do comercio e a hostalería local», explicou o alcalde Pablo Moreda.

A fase de diagnóstico que agora se pon en marcha baséase na realización dunha análise do sector comercial e hostaleiro, por unha banda, e dos hábitos de compra e a percepción dos servizos que ofrecen os primeiros entre a clientela. Xunto coa realización das enquisas, recollerase información directa tamén doutras entidades, como asociacións culturais, musicais e deportivas, e celebraranse xuntanzas e entrevistas en profundidade a distintos tipos de axentes relacionados directa ou indirectamente coa actividade comercial da vila.

Ademais, levaranse a cabo varias reunións ou mesas de traballo participativas co sector para completar o diagnóstico e validar as propostas de actuación.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.