Un incendio calcina unha vivenda prefabricada en Monfero

O suceso aconteceu contra as cinco da tarde na parroquia de San Fiz
1579632099863

Un incendio causou este martes a destrución dunha vivenda prefabricada en Monfero, que quedou «totalmente calcinada», según informou o 112 Galicia.

O suceso ocorreu ás 17:05 horas no lugar da Illa, na parroquia de San Fiz. O servizo de emerxencias comunicou que a casa de madeira ardeu por completo sen que se rexistrasen danos persoais.

Un particular alertou da presenza das chamas e o servizo de emerxencias advertiu aos bombeiros do  concello das Pontes, 061-Urxencias Sanitarias de Galicia, Garda Civil, Protección Civil das Pontes e o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Os efectivos permaneceron na zona tras a extinción para arrefriar a zona afectada.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.