Publicadas no BOP as bases do Plan de Mellora para a Empregabilidade de Ferrol

A liña de axudas, dotada con máis de 2 millóns de euros, prevé dous tipos de contías de 1.500 e 1.000 euros dependendo da situación de cada negocio
DSC_2055

O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe as bases reguladoras do programa de axudas ao impulso
económico e protección do emprego PAME-Ferrol, que puxe en marcha o goberno de Ángel Mato o pasado mes de abril cunha dotación de 2 millóns de euros.

O obxectivo desde programa, tal e como figura nas bases é  «a convocatoria pública das axudas e subvencións para impulsar a actividade económica outorgando liquidez ás empresas da cidade e contribuíndo a facilitar o cumprimento das súas obrigas empresariais, mantemento da actividade e emprego e amortecer a redución drástica de ingresos».

Respecto as axudas que poderán recibir as pemes e autónomos, concederase unha contía fixa de 1.500 euros para persoas físicas e xurídicas con ou sen traballadores ao seu cargo cando a actividade que  desenvolvan se tivese visto afectada polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020 de 17 de marzo que modificou o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo.

Ou unha contía fixa de 1.000 euros a aquelas persoas físicas ou xurídicas con ou sen traballadores ao seu cargo que non se viron afectados polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020 de 17 de marzo que modifica o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo, a condición de que sufran unha redución da súa facturación no mes anterior á solicitude desta subvención de polo menos o 75%, en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma.

Ademáis, incrementaranse en 120 euros por persoa traballadora, no caso de ter ata 9 traballadores (inclusive), en 100 euros por persoa traballadora, no caso de ter desde 10 a 20 traballadores (inclusive) e en 70 euros por persoa traballadora, no caso de ter de 21 a 49 traballadores (inclusive) a data de 1 de marzo de 2020.

O próximo venres día 8 publicarase o extracto da convocatoria, que marcará o inicio do prazo de presentación de solicitudes que, neste caso, será de 20 hábiles a partir do luns día 11.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.