A igrexa de Santiago de Pontedeume no Camiño Inglés

O Camiño Inglés non alcanzou no medievo a relevancia do denominado Camiño Francés. Non importa, porque se a peregrinación a Santiago afunde as súas raíces na historia, é un fenómeno vivo, presente, que seguimos construíndo, cunha indubidable proxección de futuro. Ao Camiño Inglés, que ben se lle puidese chamar Camiño Nórdico, pois non só foron […]
Juan José Roberes, sacerdote eumés entre o social e o poético

Descoñecemos as razóns polas que Juan José Roberes Rodríguez, cando tiña 19 anos, a pouco de morrer o seu pai e tendo cursando catro anos de carreira eclesiástica, emigra a Cuba, sendo membro dunha familia con recursos económicos. O certo é que en Cuba termina de formarse, chegando a ser cóengo doutoral da catedral da […]
Unha arte na procura da inmortalidade

Se os exipcios non practicasen a inhumación, a súa civilización non tería a relevancia que ten hoxe e sen dúbida Exipto non sería unha das mecas da arqueoloxía. Ben poderiamos dicir que se ben non alcanzaron a inmortalidade individual si a lograron como civilización. Nin gregos nin romanos, máis partidarios do rito da incineración, achegaron […]
Museos con personalidade

Os museos son espazos de difusión cultural, transmisión de coñecementos e socialización. Cada un ten a súa personalidade, froito do seu contido, continente e unha orixe unida, nas nosas comarcas, a iniciativas impulsadas ou apoiadas polos concellos. Un dos máis antigos é o Museo do Humor de Fene, inaugurado en 1984 na Casa da Cultura […]
Un camiño xacobeo en forma de e grega

O Camiño Inglés debuxa no mapa unha e grega. Os seus dous ramais únense en As Travesas, moi preto de Bruma, onde se chega desde A Coruña tras percorrer 73,3 km e 113 km desde Ferrol, o que xa nos pon de manifesto a desvantaxe deste último ramal. Aínda que se chama Camiño Inglés e […]
O accidente ferroviario da Torre del Bierzo: vítimas de Betanzos e Ferrol

O 3 de xaneiro de 1944 ten lugar o accidente ferroviario da Torre del Bierzo. O tren causante do mesmo, o expreso 421 coa locomotora a Americana, era o único tren Madrid-A Coruña que facía paradas en todas as estacións e ese día ía totalmente cheo, ata o punto de que en Astorga, onde acumulaba […]
Un anxo pesador de almas

Sobre S. Miguel de Breamo xa temos escrito repetidas veces. É S. Miguel o único resto dun pequeno mosteiro de cóengos regulares que xa existía en 1169. A vida monástica seguramente rematou a finais do século XVI, desaparecendo as casas de cóengos anexas ao lado sur; pero o priorado, tras un preito dos curas de […]
A defensa da costa das Rías Altas

Para Galicia o mar sempre foi unha fonte de riqueza e historicamente unha fonte de perigos; algúns dos cales, na Idade Antiga, como os contactos co norte de Europa, os asentamentos de britones e a conquista romana, terminaron configurando a nosa identidade. Os 2.555 quilómetros modelados en rías non foron fáciles de defender de agresións […]
Calcón, a leira dunha familia con historia

En setembro de 1924 Antonio Tenreiro Rodríguez escribía ao arqueólogo José Mª. Luengo informando da aparición, con motivo da construción do camiño veciñal de Pontedeume a Ombre e da delimitación da leira da Magdalena, dunha pedra labrada con catro caras. Sabido é que esta peza, hoxe unha das máis notables do Museo Arqueolóxico da Coruña, […]
Feiras e feiras

Na Idade Media as feiras eran mercados periódicos anuais que duraban máis dun día, podendo manterse incluso durante 30 días seguidos. Co correr dos séculos, esta definición desvirtúase e denomínase feira ao que son simples mercados. No privilexio da fundación de Pontedeume de 1270 dise: “et, otrosí, les otorgamos que fagan mercado cada mes e […]