Aprazado o evento ecuestre do lago de As Pontes por choiva

Estaba prevista a súa celebración este sábado, pero as condicións meteorolóxicas non permiten garantir a seguridade dos participantes
Aprazamento-1068x1511_16x9 (1)

O Concello das Pontes comunica que o evento “As Pontes Ecuestre, unha actividade posta en marcha pola concellería de Deportes en colaboración coa Federación de Hípica e o club hípico local Prado Ventura, apraza a súa celebración debido a previsión climatolóxica para o sábado, 29 de abril, que impide a realización do evento con todas as garantías de seguridade para os xinetes e amazonas.

O Concello das Pontes e a Federación de Hípica Galega lamentan as molestias que o aprazamento da proba poda causar aos diferentes clubes hípicos xa inscritos na proba aos cales se informará sobre a nova data de celebración.

Así mesmo, o Concello das Pontes e a Federación Hípica Galega, unha vez fixada a nova data de celebración do evento “As Pontes Ecuestre” informarán á cidadanía coa finalidade de que poidan asistir á esta iniciativa que ten como obxectivo promocionar a actividade ecuestre na vila, con gran tradición no municipio, potenciando, ao mesmo tempo, a contorna do lago.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.