Só a cor (un relato)

A avoa non sabe de que marca é o coche, só a cor, vermella, e o ben que se vai nel, polo menos diante, onde sempre a manda ir a ela, ti aí, avoa, de copiloto, iso lle di, e tanto lle dá que se negue coma que non, el insiste, e ela acepta, aínda […]

Eleccións na illa

Agora resulta que somos unha Illa. De estabilidade, claro está. Que eramos un sitio distinto xa quedou dito hai moitos anos. É posible que chegue o día no que sexamos definidos como un non-lugar, como un espazo sen identidade e ahistórico, alleo ás correntes do mundo. Nada nos sorprende e nos estraña. Xa hai ben […]

Noite de Reis

Escribo en Google: Reis Magos en Gaza, e o primeiro que me aparece é un debuxo. Entre as ruínas de varios edificios vemos aos tres Reis. Están sós e preguntan sorprendidos: e os nenos? O debuxo é de Javi Salado e a pregunta resulta certamente estarrecedora. Os nenos non están. Nin a maxia dos Reis […]

A hipérbole, esa figura

Comezemos polo dicionario, que sempre é unha maneira segura de comezar. Hipérbole: figura retórica que consiste en aumentar ou disminuír de xeito esaxerado o que se di. Ben, imos ao asunto. Non sei se coincidirán comigo, pero estou convencido de que vivimos inmersos nunha pandemia hiperbólica de consecuencias non suficientemente valoradas. Cren que esaxero? Vexan […]

Unha tormenta real

Imagen de svstudioart en Freepik

Esas nubes que se están formando e non tardarán, coma nas tardes anteriores, en descargar inxentes cantidades de auga igual son as chamadas cumulonimbos, auténticas raíñas do ceo, segundo lle lin unha vez a Xavier Fonseca, experto neste tipo de asuntos. Eu diría que si, pero non me fagan caso. O certo é que aí […]

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.